Un posible problema que pode existir en calquera comercio electrónico é que cando o usuario pague, por calquera motivo que se poida escapar ao administrador do sitio, Redsys non poida contactar co sitio e o pedido non quede marcado como pagado. Como te poderás imaxinar, se só nos fiamos dos correos electrónicos que envía WooCommerce, ou do estado dos pedidos de WooCommerce, poderiamos levarnos unha sorpresa moi grande cando nos escriba un cliente moi enfadado xa que pagou hai uns días, e nin se reflicte na tenda que pagou, nin se lle enviou o pedido que teóricamente se lle enviaba en 24 – 48h. Isto pode danar seriamente a reputación da nosa tenda.
Acabo de lanzar a versión 5.1 de WooCommerce Redsys Gateway que podedes adquirir en WooCommerce.com e que nun porcentaxe moi alto, atalla este problema.
Na nova versión, engadín unha comprobación na páxina de agradecemento (Thank You Page). Para os que non a coñezan, é a páxina á que se chega desde Redsys unha vez se realizou o pago correcto.
¿En que consiste esta comprobación? É ben sinxelo, cando o usuario aprieta o botón de volver á tenda e chega á páxina de agradecemento, o plugin comprobará se o pago foi marcado como pagado, xa que Redsys debería xa ter notificado o pago do cliente. No caso en que o pedido siga en pendente de pago, mostrarase un mensaxe para advertirlle deste posible problema e tranquilizándolle de que o administrador xa foi advertido. Este mensaxe é totalmente personalizable, así que podedes poñer o que desexedes.
Grazas a esta comprobación, poderemos minimizar este problema, pero non ao 100%, xa que non todo o mundo aprieta o botón de volver á tenda (por raro que pareza), pero poderemos comprobar o 95% de todos os pedidos. ¿E que pasa con ese 5% restante? tranquilos, xa sei como solucionalo, nunha futura actualización realizaréi unha implementación para acabar de arranxalo.
No seguinte vídeo podes ver a presentación e demostración que realizo desta nova funcionalidade.







