Nova rama Redsys Gateway Light 4.0.x de WordPress.org
Por favor, lembra que podes micro-patrocinar o desenvolvemento deste plugin aquí.
Se o fas, contribúes ao mantemento deste plugin e a seguir mellorándoo pouco a pouco. As alternativas son os plugins premium (de pago) e o plugin oficial Redsys.
Versións da rama
4.0.0
Engadido
- Compatibilidade co bloque de pago de WooCommerce.
- Refactorización do plugin.
- Engadido SCA LWV ao plugin. Atención, NON se debe activar se non se activou no terminal. Utilizar o LWV sen que estea activo pode acarretar consecuencias en Redsys, como a suspensión temporal do plugin.
Para os que non saibades o que é a LWV de SCA, é unha exención pola que o emisor da tarxeta e o banco do comprador están suxeitos a que o pagamento non sexa autentificado. Isto só é aplicable cando o custo total a pagar é inferior a 30€, non te preocupes, o plugin xa controla se o prezo a pagar é inferior ou non. Grazas ao LWV, a taxa de abandono diminúe, xa que non teñen que estar agardando SMSs, buscando o móbil, etc. para finalizar o pagamento.







