Nova versión 6.1.0 da pasarela Redsys para WooCommerce de WooCommerce.com
Esta é unha versión maior, o que quere dicir que engades funcionalidades.
Engadido:
- Devolucións de WooCommerce para os pagos realizados mediante Bizum.
- Engadido o modo probas só para os usuarios seleccionados na configuración da extensión, o que quere dicir que Bizum pode seguir activo no sitio en modo real, pero os usuarios seleccionados traballarán no modo probas de Bizum.
- Tanto para o pago con tarxetas, como para o pago con Bizum, engadín en cada unha das configuracións un novo campo que se chama TEST SHA256. O motivo diso é que desde non fai moito, Redsys comezou a dar un SHA256 de probas diferente do que estivo dando nos últimos 8 anos. Isto fixo que nos sitios que se utilizaba este novo SHA256 de probas, tiveran problemas coa funcionalidade de poñer a pasarela só en modo de probas para certos usuarios. Se non se enche o campo, utilizarase o SHA256 de toda a vida.
Melorado:
- Agora non se ten que activar o pago con 1 clic para que se pida o token se é un pedido que inclúe unha subscrición. Así só se gardan tokens de tarxetas para os usuarios que teñen unha subscrición. A razón diso é que algunhas entidades bancarias, agora cobran por gardar os tokens, é dicir, crearon táboas con franxas polas que cobran pola cantidade de tarxetas que se teñen. Por exemplo, Banco Santander, xunto ao plan que denominan Venda+, crearon unhas franxas polas que se cobra máis ou menos cada mes dependendo da cantidade de tarxetas tokenizadas.

2. Mellora no deseño e usabilidade da notificación que sae na administración tras cada actualización.
Arreglado:
- Arreglado un pequeno bug porque se gardaban unhas liñas de debug de Redsys aínda que non estiveran activas.
- Arreglado un pequeno erro no modo probas de Bizum.
Se aínda non tes a extensión oficial de WooCommerce.com para Redsys, a podes adquirir en esta dirección e disfrutar de todas as características que ningún outro plugin ofrece.
Se non coñeces todo o que ofrece, podes mirar este cadro onde amoso as diferencias e poderás ver que o apelido de premium deste plugin é por todo o que ofrece e diferencia.







