Nova versión 5.4.1 da pasarela Redsys para WooCommerce de WooCommerce.com
Nesta nova versión arranxei un problema, e engadín CSS na parte frontal para agochar a posibilidade de seleccionar Redsys como a opción para engadir unha nova tarxeta en «A miña conta»
Tiven que engadir este CSS, xa que despois de moito investigar e falar co equipo do core de WooCommerce, non me daban unha solución para pasarelas por redireccionamento, como é o caso de Redsys.
Nun futuro, cando InSite de Redsys estea máis maduro e se estea aplicando xa a PSD2 e se poida implementar no terminal real (agora aínda non se pode), engadirei ao plugin e xa se poderá utilizar para engadir novas tarxetas.
O arranxo afecta aos pagos mediante token (pago por referencia). Cando un pago é por cantidade «0», xa sexa por un cupón do 100% de desconto, ou porque unha subscrición ten un trial e o comercio ten un token do usuario, se o comercio xa ten un token do usuario, non pode ser enviado a Redsys, xa que Redsys non acepta Token igual a 0. Agora, cando o pago que se vai a realizar é 0 e existe token, o usuario non será enviado a Redsys e o pedido marcarase directamente como pagado.
Se aínda non tes a extensión oficial de WooCommerce.com para Redsys, a podes adquirir en esta dirección e gozar de todas as características que ningún outro plugin ofrece.
Se non coñeces todo o que ofrece, podes mirar esta táboa onde amoso as diferenzas e poderás ver que o apelido de premium deste plugin é por todo o que ofrece e diferencia.







