Nova versión 5.4.0 da pasarela Redsys para WooCommerce de WooCommerce.com
Na nova versión engadín novas funcionalidades, realicei un refactoring e solucionei algún erro.
Engadín o modo de proba para usuarios específicos, é dicir, a partir de agora, poderedes poñer a pasarela en modo de proba para os usuarios que desexedes. Deste xeito, non teredes que parar de vender para realizar probas se, por exemplo, por un cambio no servidor, os pedidos deixan de marcarse como pagados.

Engadín un widget para que vos sexa sinxelo engadir a imaxe das tarxetas, xa que o banco voso vai pedilo. Mostrarase unha imaxe con Visa e MasterCard.
Agora, cando un pago recorrente mediante o plugin Subscriptions falla, a acción «woocommerce_scheduled_subscription_payment_retry» é creada, de forma que WooCommerce continuará intentando realizar o cobro. Ao mesmo tempo, engadín a esta acción que se envíe un correo electrónico ao administrador para que sexa avisado tanto de que houbo un problema, como do problema que xurdiu, por exemplo, tarxeta rexeitada, tarxeta caducada, etc.
Tamén se engadiron aos comentarios das subscricións, todos os erros que poidan xurdir, para ter un rexistro de todo iso.

A nivel interno, separei todas as moedas do código principal e engadín máis código de debug para atopar algúns erros de forma máis sinxela.
Finalmente, solucionei un bug polo que se enviaban dous emails cada vez que se renovaba unha subscrición.
No seguinte vídeo podedes ver as melloras e como utilizalas.
Se aínda non tes a extensión oficial de WooCommerce.com para Redsys, a podes adquirir en esta dirección e disfrutar de todas as características que ningún outro plugin ofrece.
Se non coñeces todo o que ofrece, podes mirar este cadro onde amoso as diferencias e poderás ver que o apelido de premium deste plugin é por todo o que ofrece e diferencia.









