Liberada unha nova versión do plugin Premium de Redsys, a versión 4.7.0
Esta versión engade novas liñas para debug, co que aumenta a información no log de WooCommerce no caso en que se deba mirar algo, engadíronse novas tarxetas de crédito aceptadas por Redsys para podero reflectir nas contas de usuario cando se están gardando mediante a funcionalidade de pago por referencia ou pago con 1 clic. As tarxetas novas que se engadiron son;
- UPI
- Privada
- CUP
A última implementación realizada, é un novo salto na mellora do plugin, e o último paso necesario antes de implementar unha das funcionalidades, a compatibilidade co plugin Subscriptions.
Con esta implementación, se os usuarios xa realizaron un pago anteriormente, e o pago con 1 clic estaba activado, agora poderemos activar que só apretando o botón de pagar, se realice o pago sen abandonar a páxina web. Ojo, moi importante, o terminal deberá estar configurado como non seguro, e isto deberá facelo o voso banco, e cun estudo de risco. Esta nova funcionalidade, aumentará o ratio de vendas, xa que os pasos aínda diminuen máis, agora, en usuarios que xa compraron con anterioridade, só deberán apretar o botón pagar sen ter que engadir nada máis.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tedes un vídeo onde se pode ver como funciona esta nova implementación na versión 4.7.0. Se estás interesado, podes adquirir o plugin con todas as súas características en WooCommerce.com







