WordPress Multisite e Multinetwork: Coñece e descubre os seus secretos e uso paso a paso

9,00 sin impuestos

Categoría:

Descripción

José Conti é un dos maiores coñecedores de WordPress Multisite e WordPress Multinetwork. Leva máis de 14 anos traballando con este tipo de configuracións de WordPress.

WordPress Multisite é un descoñecido para moitas persoas, aínda que quizais lles soe a súa existencia, pero case con toda seguridade, a inmensa maioría da xente desconozca a existencia de WordPress Multinetwork.

Grazas a WordPress Multisite, poderás crear unha rede de sitios mediante unha soa instalación de WordPress. É imprescindibles para colexios, universidades, é moi interesante para empresas que queiran crear por exemplo unha intranet, persoas con varios sitios web, nichos de sitios, sitios multi idioma, etc.

WordPress Multinetwork é unha rede de redes, é dicir, unha instalación da que colgan Multisites dos que colgan sitios. É moi interesante para a creación de sitios de multinacionais, xornais, redes de sitios multi idioma, etc. É a instalación máis complexa que se pode crear mediante WordPress e aprenderás a crearla dunha forma fácil e sinxela.

Con este libro coñecerás:

– Como activar a rede de WordPress.
– Creación de certificados SSL mediante Let’s Encrypt.
– Como configurar WordPress Multisite.
– Como configurar WordPress Multinetwork.
– Como crear redes en WordPress Multinetwork
– Uso de Plugins.
– Uso de Temas (Themes).
– Xestión de sitios.
– Xestión de usuarios.
– Engadir sitios utilizando Domain Mapping directo e mediante plugin.
– Trucos de uso.
– Plugins esenciais e recomendados coa guía de como utilizalos e configuralos.
– Creación de sitios multi idioma en WordPress mediante MultilingualPress.
– Como migrar un WordPress Multisite
– Como cambiar de subdirectorios a subdominios ou viceversa
– e moito máis por vir.

Este libro vai ir evolucionando, o que quere dicir que vós poderedes pedir que queredes que engada ao libro. A medida que se vaian actualizando ou engadindo novos capítulos, xa sexa por novos plugins, actualizacións de WordPress, novos capítulos que suxerides, iranse realizando novas edicións. Isto quere dicir que seguramente será o último libro de WordPress Multisite, Multinetwork e multi idioma que comprades na vosa vida xa que nunca quedará obsoleto e irá crecendo. Cada vez que saia unha nova versión de WordPress, se é necesario, serán actualizados os capítulos e poderedes consultar e descubrir o novo.

José Conti é un dos fundadores da comunidade española de WordPress, fundador e coorganizador de WordPress Meetup Barcelona, fundador e coorganizador da WordCamp Barcelona, moderador dos foros oficiais de WordPress, GTE (Global Translator Editor) en WordPress.org (Tradutor oficial de WordPress, plugins, sitios oficiais, etc. ao galego). Partes de core de BuddyPress (plugin para crear unha rede social mediante WordPress) están desenvolvidas por el. Desenvolvedor aprobado por WooCommerce e desenvolvedor de plugins no Marketplace de WooCommerce (tenda oficial de WooCommerce). Desenvolvedor dos plugins oficiais para WordPress e WooCommerce de Seur e Comercia Global Payments (CaixaBank). Ten outros clientes como Universitat de Barcelona, La Salle, Llongueras, Lamborghini e moitos outros, e todos directamente relacionados con WordPress.

¡No te pierdas las novedades!

¡No hacemos spam! y te puedes dar de baja cuando quieras

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.